Outras experiencias turísticas

Ruta do patrimonio cultural da Pobra do CaramiñalRuta Valle-InclánViaxes ás illas do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de GaliciaA Ruta Xacobea marítimo-fluvial do Mar da Arousa e Río Ulla en catamaránQueres coñece-lo traballo de mariscar a pé?Obradoiro de marisqueo de a pé

Ruta do patrimonio cultural da Pobra do Caramiñal

Poderás descubri-la riqueza da ruta do patrimonio cultural da Pobra do Caramiñal que salvagarda o centro histórico da vila contado por unha guía oficial acreditada pola Axencia Turismo de Galicia.Coñecera-la orixe, a historia e as lendas dunha vila mariñeira e xacobea. Seguindo o chamado camiño real, o de peregrinos/as, contemplarás edificios históricos relixiosos, civís e pazos de diferentes épocas dos estilos gótico, renacentista, barroco, modernista e mariñeiro tradicional.É unha ruta amena, de dificultade baixa, dunha duración aproximada de 1 h e 30 min e recomendada para maiores de 14 anos. Para te inscribires, débeste achegar á Casa Mariñeira (a oficina do turismo) ou enviar un correo ó enderezo electrónico turismo@apobra.gal, ou ben chamar ó 671 090 262.A ruta guiada supón un custo de 5,00 € por persoa.Grupos organizados: 60 € por grupo*Prezos públicos---

Poderás descubri-la riqueza da ruta do patrimonio cultural da Pobra do Caramiñal que salvagarda o centro histórico da vila contado por unha guía oficial acreditada pola Axencia Turismo de Galicia.

Coñecera-la orixe, a historia e as lendas dunha vila mariñeira e xacobea. Seguindo o chamado camiño real, o de peregrinos/as, contemplarás edificios históricos relixiosos, civís e pazos de diferentes épocas dos estilos gótico, renacentista, barroco, modernista e mariñeiro tradicional.

É unha ruta amena, de dificultade baixa, dunha duración aproximada de 1 h e 30 min e recomendada para maiores de 14 anos. Para te inscribires, débeste achegar á Casa Mariñeira (a oficina do turismo) ou enviar un correo ó enderezo electrónico turismo@apobra.gal, ou ben chamar ó 671 090 262.

A ruta guiada supón un custo de 5,00 € por persoa.

Grupos organizados: 60 € por grupo

*Prezos públicos

Ruta Valle-Inclán

O ilustre escritor don Ramón M.ª del Valle-Inclán viviu na Pobra do Caramiñal nunha época que foi frutífera no ámbito literario e familiar. No centro da vila, ó longo do percorrido vense os edificios relacionados coa súa vida e obra literaria.Hai varias maneiras de realiza-la ruta literaria: - Podes solicitar unha ruta guiada ó Museo Valle-Inclán a través do enderezo electrónico museo.valleinclan@apobra.gal ou chamando ó 981 831 662. - Co itinerario autoguiado seguindo o mapa de rúas e maila guía valleinclaniana: te-lo mapa ó teu dispor nesta web e a guía, no Museo Valle-Inclán. Encontrarás máis información da ruta en www.museovalleinclan.gal

O ilustre escritor don Ramón M.ª del Valle-Inclán viviu na Pobra do Caramiñal nunha época que foi frutífera no ámbito literario e familiar. No centro da vila, ó longo do percorrido vense os edificios relacionados coa súa vida e obra literaria.

Hai varias maneiras de realiza-la ruta literaria:

– Podes solicitar unha ruta guiada ó Museo Valle-Inclán a través do enderezo electrónico museo.valleinclan@apobra.gal ou chamando ó 981 831 662.

– Co itinerario autoguiado seguindo o mapa de rúas e maila guía valleinclaniana: te-lo mapa ó teu dispor nesta web e a guía, no Museo Valle-Inclán. Encontrarás máis información da ruta en www.museovalleinclan.gal

Viaxes ás illas do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia

Viaxes ás illas do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia dende A Pobra do Caramiñal en catamarán, en días específicos das fins de semana do verán, consúltanos dispoñibilidade.Tódalas persoas que valoren a natureza quererán coñece-la extraordinaria riqueza ecolóxica e medioambiental dos arquipélagos de Sálvora (na ría da Arousa), Ons (na ría de Pontevedra) ou das Cíes (na ría de Vigo). Encontrarás información interesante sobre o parque nacional en www.parquenacionalillasatlanticas.com

Viaxes ás illas do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia dende A Pobra do Caramiñal en catamarán, en días específicos das fins de semana do verán, consúltanos dispoñibilidade.

Tódalas persoas que valoren a natureza quererán coñece-la extraordinaria riqueza ecolóxica e medioambiental dos arquipélagos de Sálvora (na ría da Arousa), Ons (na ría de Pontevedra) ou das Cíes (na ría de Vigo). Encontrarás información interesante sobre o parque nacional en www.parquenacionalillasatlanticas.com

A Ruta Xacobea marítimo-fluvial do Mar da Arousa e Río Ulla en catamarán

A Ruta Xacobea marítimo-fluvial do Mar da Arousa e Río Ulla conmemora o traslado do apóstolo Santiago dende Jaffa (Palestina) ata Iria Flavia no ano 44. É un percorrido de gran riqueza paisaxística e cultural.No transcurso guiado pola ría da Arousa, poderás coñece-la importancia histórica e as referencias xacobeas de cada unha das vilas de ámbolos lados da costa: Boiro, Rianxo, Vilagarcía de Arousa, Catoira, Valga e Pontecesures. Asemade, irás descubri-lo valor medioambiental da contorna: praias, calas, enseadas, cabos e illas como a de Cortegada, pertencente ó Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.Verás de preto obras de enxeñaría avanzadas como as pontes de Boiro a Taragoña (Rianxo) sobre a ría da Arousa, as de Catoira sobre o río Ulla, ou a da Illa de Arousa. Observarás tamén o viaduto de trens, un exemplo da enxeñaría civil excepcional.Ademais, poderás constata-lo valor cultural dos numerosos cruceiros xacobeos situados na costa e en pequenos illotes, como é o calvario da punta Patiño en Leiro (Rianxo). Suman tal relevancia que pertencen ó único viacrucis marítimo-fluvial do mundo.Na media distancia, na desembocadura do río Ulla, divisara-los vestixios das torres de Oeste entre a vexetación de ribeira; é un lugar que conserva dende 1961 a tradición da romaría viquinga, declarada en 2002 festa de interese turístico internacional. Celébrase cada ano, no primeiro domingo de agosto.En definitiva, a ruta xacobea posúe un valioso patrimonio cultural material e inmaterial xacobeo, de lendas e tradicións, histórico, literario e xeolóxico.Para máis información achégate á Casa Mariñeira (a oficina do turismo) ou enviar un correo ó enderezo electrónico turismo@apobra.gal, ou ben chamar ó 671 090 262 ou o 687 482 835.

A Ruta Xacobea marítimo-fluvial do Mar da Arousa e Río Ulla conmemora o traslado do apóstolo Santiago dende Jaffa (Palestina) ata Iria Flavia no ano 44. É un percorrido de gran riqueza paisaxística e cultural.

No transcurso guiado pola ría da Arousa, poderás coñece-la importancia histórica e as referencias xacobeas de cada unha das vilas de ámbolos lados da costa: Boiro, Rianxo, Vilagarcía de Arousa, Catoira, Valga e Pontecesures. Asemade, irás descubri-lo valor medioambiental da contorna: praias, calas, enseadas, cabos e illas como a de Cortegada, pertencente ó Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.

Verás de preto obras de enxeñaría avanzadas como as pontes de Boiro a Taragoña (Rianxo) sobre a ría da Arousa, as de Catoira sobre o río Ulla, ou a da Illa de Arousa. Observarás tamén o viaduto de trens, un exemplo da enxeñaría civil excepcional.

Ademais, poderás constata-lo valor cultural dos numerosos cruceiros xacobeos situados na costa e en pequenos illotes, como é o calvario da punta Patiño en Leiro (Rianxo). Suman tal relevancia que pertencen ó único viacrucis marítimo-fluvial do mundo.

Na media distancia, na desembocadura do río Ulla, divisara-los vestixios das torres de Oeste entre a vexetación de ribeira; é un lugar que conserva dende 1961 a tradición da romaría viquinga, declarada en 2002 festa de interese turístico internacional. Celébrase cada ano, no primeiro domingo de agosto.

En definitiva, a ruta xacobea posúe un valioso patrimonio cultural material e inmaterial xacobeo, de lendas e tradicións, histórico, literario e xeolóxico.

Para máis información achégate á Casa Mariñeira (a oficina do turismo) ou enviar un correo ó enderezo electrónico turismo@apobra.gal, ou ben chamar ó 671 090 262 ou o 687 482 835.

Queres coñece-lo traballo de mariscar a pé?

Obradoiro de marisqueo de a pé

Actividade didáctica adaptada para os grupos de alumnado da infantil, da primaria e da secundariaA Concellaría do Turismo da Pobra do Caramiñal, en colaboración coa asociación de mariscadoras Mar da Pobra, promove e divulga dende 2017 o traballo do marisqueo de a pé, co obxecto de dar a coñecer e de pór en valor esta significativa profesión nesta vila de tradición mariñeira.A actividade didáctica que ofrecemos consiste no que se expón a seguir.Duración da actividade: 1 h e 30 minO punto de encontro é no Auditorio do Museo Valle-Inclán, onde se proxectará o vídeo explicativo da temática: a extracción do produto, o proceso ata chegar ás prazas de abastos para a súa venda e incluso a maneira de cociñalo.Unha vez na praia, recibiránno-las mariscadoras, que explicarán como cultivan o marisco (a ameixa e o berberecho), as variedades de ameixas que se apañan, os talles mínimos precisos para extrae-lo marisco, como é unha xornada de traballo dun/dunha mariscador/a de a pé, o proceso de depuración e a poxa na lonxa para a súa venda, sen descoida-la concienciación sobre o respecto ó mar. O momento máis divertido será, talvez, cando experimentaren cos apeiros de traballo: rastros, raños, sachos ou calibre. En resumo, trátase de coñece-lo traballo minucioso do marisqueo de a pé.O alumnado distribuirase en grupos de 20 rapazas/rapaces por cada guía/mariscadora.É obrigatorio traer botas.Recoméndase traer protección solar, viseira, roupa axeitada (de abrigo ou chuvasqueiro), unha toalla e calcetíns de reposto.A actividade supón un custo de 6 € por alumna/o.As horas en que teña lugar a dita actividade dependerán de se a marea está na baixamar. Consúlteno-los días ó dispor no Departamento do Turismo da Pobra do Caramiñal
  • achegándose á Casa Mariñeira, no parque do Castelo, en horario de mañá;
  • escribindo un correo electrónico a turismo@apobra.gal;
  • chamándonos ó 671 090 262 ou ó 687 482 835.

Actividade didáctica adaptada para os grupos de alumnado da infantil, da primaria e da secundaria

A Concellaría do Turismo da Pobra do Caramiñal, en colaboración coa asociación de mariscadoras Mar da Pobra, promove e divulga dende 2017 o traballo do marisqueo de a pé, co obxecto de dar a coñecer e de pór en valor esta significativa profesión nesta vila de tradición mariñeira.

A actividade didáctica que ofrecemos consiste no que se expón a seguir.

Duración da actividade: 1 h e 30 min

O punto de encontro é no Auditorio do Museo Valle-Inclán, onde se proxectará o vídeo explicativo da temática: a extracción do produto, o proceso ata chegar ás prazas de abastos para a súa venda e incluso a maneira de cociñalo.

Unha vez na praia, recibiránno-las mariscadoras, que explicarán como cultivan o marisco (a ameixa e o berberecho), as variedades de ameixas que se apañan, os talles mínimos precisos para extrae-lo marisco, como é unha xornada de traballo dun/dunha mariscador/a de a pé, o proceso de depuración e a poxa na lonxa para a súa venda, sen descoida-la concienciación sobre o respecto ó mar. O momento máis divertido será, talvez, cando experimentaren cos apeiros de traballo: rastros, raños, sachos ou calibre. En resumo, trátase de coñece-lo traballo minucioso do marisqueo de a pé.

O alumnado distribuirase en grupos de 20 rapazas/rapaces por cada guía/mariscadora.

É obrigatorio traer botas.

Recoméndase traer protección solar, viseira, roupa axeitada (de abrigo ou chuvasqueiro), unha toalla e calcetíns de reposto.

A actividade supón un custo de 6 € por alumna/o.

As horas en que teña lugar a dita actividade dependerán de se a marea está na baixamar. Consúlteno-los días ó dispor no Departamento do Turismo da Pobra do Caramiñal

  • achegándose á Casa Mariñeira, no parque do Castelo, en horario de mañá;
  • escribindo un correo electrónico a turismo@apobra.gal;
  • chamándonos ó 671 090 262 ou ó 687 482 835.

QUERO PROBAR ESTA EXPERIENCIA: COMO TEÑO QUE FACER?

Contacta co Departamento do Turismo da Pobra do Caramiñal. Pódelo facer enviando un correo electrónico ó enderezo turismo@apobra.gal, ou chamando ós teléfonos 671 090 262/ 687 482 835.