ONDE
Estamos nunha situación privilexiada, preto de incribles lugares
A Pobra do Caramiñal ten unha situación privilexiada dende o punto de vista das comunicacións terrestres. Grazas a isto, atópase a só 50 minutos de cidades tan importantes coma Santiago de Compostela ou Pontevedra. Para chegar ata aquí, é moi sinxelo:
- – Se vés pola AP-9 dende Vigo ou Pontevedra, debes ir dirección norte e toma-la saída de Catoira.
- – Se vés pola AP-9 dende A Coruña ou Santiago de Compostela, debes ir dirección sur e toma-la saída de Padrón.
〰
Ámbalas dúas saídas enlazarán logo coa Autovía do Barbanza (AG-11) a cal te conducirá ata o teu destino.
- – Distancias ás principais cidades galegas:
A Coruña: 131 km (1h 25 min)
Santiago de Compostela: 60 km (50 min)
Pontevedra: 62 km (54 min)
Vigo: 87 km (1 h 6 min)
Lugo: 193 km (2 h)
Ourense: 157 km (1 h 45 min)