PISCINAS NATURAIS

Paraíso de auga e pedra

PISCINAS NATURAIS DO RÍO PEDRAS

Co paso dos anos, o río Pedras foi esculpindo concas de gran beleza onde, logo da andaina que nos achega ata elas, o que máis apetece é un baño refrescante. Os saltos de auga e as pequenas fervenzas sucédense ó longo deste espazo de frondosa vexetación. Ademais, durante o percorrido, atópanse distintos vestixios patrimoniais que farán aínda máis interesante, se cabe, a visita.