TURISMO DE EXPERIENCIAS

Gustaríache coñece-la ría da Arousa en veleiro? Dende A Pobra do Caramiñal é posible!

Durante as fins de semana dos meses de xullo e agosto tera-la oportunidade de navegar no Mascato, un veleiro de 11 m de eslora con capacidade para 10 persoas. Trátase dunhas viaxes de calidade, case personalizadas, nas cales a tripulación do barco fai as explicacións oportunas sobre todo o percorrido que se realiza. A ocasión perfecta para sentíre-lo vento na cara, para desfrutares de tódolos encantos que acolle a ría máis grande de Galicia e, en definitiva, para vivires unha experiencia diferente que con certeza vai quedar gravada para sempre na túa memoria.A duración do traxecto é de 1h e 30 min. Sairá en quendas de mañá e de tarde, previsiblemente ás 11:00 h, ás 13:00 h, ás 17:00 e ás 19:00 h. O prezo por persoa adulta é de 15€, mentres que as persoas menores de 12 anos pagarán 10€ (hai desconto para familias con máis dunha crianza). É necesario reserva-la praza con antelación.

Durante as fins de semana dos meses de xullo e agosto tera-la oportunidade de navegar no Mascato, un veleiro de 11 m de eslora con capacidade para 10 persoas. Trátase dunhas viaxes de calidade, case personalizadas, nas cales a tripulación do barco fai as explicacións oportunas sobre todo o percorrido que se realiza. A ocasión perfecta para sentíre-lo vento na cara, para desfrutares de tódolos encantos que acolle a ría máis grande de Galicia e, en definitiva, para vivires unha experiencia diferente que con certeza vai quedar gravada para sempre na túa memoria.

A duración do traxecto é de 1h e 30 min. Sairá en quendas de mañá e de tarde, previsiblemente ás 11:00 h, ás 13:00 h, ás 17:00 e ás 19:00 h. O prezo por persoa adulta é de 15€, mentres que as persoas menores de 12 anos pagarán 10€ (hai desconto para familias con máis dunha crianza). É necesario reserva-la praza con antelación.

QUERO PROBAR ESTA EXPERIENCIA: COMO TEÑO QUE FACER?

Contacta co Departamento do Turismo da Pobra do Caramiñal. Pódelo facer enviando un correo electrónico ó enderezo turismo@apobra.gal, ou chamando ós teléfonos 671090262/ 687482835.

Contacta co Departamento do Turismo da Pobra do Caramiñal. Pódelo facer enviando un correo electrónico ó enderezo turismo@apobra.gal, ou chamando ós teléfonos 671 090 262/ 687 482 835.