Museo Valle-Inclán

Museo Valle-Inclán

MUSEO VALLE-INCLÁN

O Museo Valle-Inclán está situado na Torre de Bermúdez, edificio declarado monumento histórico-artístico de carácter nacional no ano 1976. Trátase dun pazo renacentista que se debe situar entre as residencias deste estilo máis excepcionais do noroeste peninsular e que pertenceu á familia paterna do escritor.

Se ben é certo que Ramón del Valle-Inclán non naceu na Pobra do Caramiñal, pasou longas tempadas vivindo nesta vila, concretamente entre os anos 1916 e 1925, nos cales escribiu obras tan importantes como Luces de bohemia ou Divinas palabras, entre outras.

Neste museo, de titularidade municipal, pódense atopar interesantes artigos relacionados co escritor: primeiras e segundas edicións orixinais das súas obras, pertenzas persoais, fotografías da época, documentación, obras de arte, mobiliario orixinal das súas distintas vivendas e incluso roupas utilizadas en distintas representacións teatrais.