TURISMO MARIÑEIRO

Na Pobra do Caramiñal cremos no turismo de experiencias: que as persoas que nos visitan teñan a oportunidade de realizaren actividades diferentes e de viviren, en primeira persoa, a identidade do destino no cal se atopan. É por isto que apostamos polo turismo mariñeiro.

TURISMO MARIÑEIRO

A través desta experiencia, tera-la oportunidade de coñeceres, xunto ó colectivo de mariscadores e mariscadoras de a pé da Pobra do Caramiñal, en que consiste o seu traballo a través do uso do raño, do sacho ou mesmo calibrando as distintas especies, a ocasión perfecta para coñeceres de preto a cultura mariñeira desta vila sempre entregada ó mar. As botas de auga poñémolas nós; ti só tes que te atrever a probar.

Podes desfrutar do turismo mariñeiro de dúas maneiras:

- Visita estándar, que inclúe a visita guiada cun obradoiro na propia praia. Ten un custo de 15 €/persoa adulta; nenos e nenas ata 10 anos, de balde; menores de 10 anos 6€. É necesario realiza-la reserva previamente.

- Experiencia completa, que inclúe a visita guiada co obradoiro na propia praia e mais un showcooking con degustación, coñecendo a forma de preparación dos principais pratos da gastronomía da Pobra do Caramiñal a base de produtos colleitados no noso mar. Como recordo, a cada participante daráselle un receitario en que se recolle unha escolma dos pratos elaborados con estes produtos pola hostalaría local. Prezo por determinar.
Os días en que teñan lugar as distintas visitas dependerán da tempada (se é alta ou baixa), así como das mareas para poder organiza-los obradoiros na praia mesma. Unha vez organizado o calendario

Queres probar? Contacta co Departamento do Turismo da Pobra do Caramiñal. Pódelo facer enviando un correo electrónico ó enderezo turismo@apobra.gal, ou chamando ós teléfonos 687 482 835 / 671 090 262.

A través desta experiencia, tera-la oportunidade de coñeceres, xunto ó colectivo de mariscadores e mariscadoras de a pé da Pobra do Caramiñal, en que consiste o seu traballo a través do uso do raño, do sacho ou mesmo calibrando as distintas especies, a ocasión perfecta para coñeceres de preto a cultura mariñeira desta vila sempre entregada ó mar. As botas de auga poñémolas nós; ti só tes que te atrever a probar.

Podes desfrutar do turismo mariñeiro de dúas maneiras:

Visita estándar, que inclúe a visita guiada cun obradoiro na propia praia. Ten un custo de 12 €/persoa adulta; nenos e nenas ata 10 anos, de balde. É necesario realiza-la reserva previamente.

Experiencia completa, que inclúe a visita guiada co obradoiro na propia praia e mais un showcooking con degustación, coñecendo a forma de preparación dos principais pratos da gastronomía da Pobra do Caramiñal a base de produtos colleitados no noso mar. Como recordo, a cada participante daráselle un receitario en que se recolle unha escolma dos pratos elaborados con estes produtos pola hostalaría local. Prezo por determinar.
Os días en que teñan lugar as distintas visitas dependerán da tempada (se é alta ou baixa), así como das mareas para poder organiza-los obradoiros na praia mesma. Unha vez organizado o calendario

Queres probar? Contacta co Departamento do Turismo da Pobra do Caramiñal. Pódelo facer enviando un correo electrónico ó enderezo turismo@apobra.gal, ou chamando ós teléfonos 687 482 835 / 671 090 262.

QUERO PROBAR ESTA EXPERIENCIA: COMO TEÑO QUE FACER?

Contacta co Departamento do Turismo da Pobra do Caramiñal. Pódelo facer enviando un correo electrónico ó enderezo turismo@apobra.gal, ou chamando ós teléfonos 671090262/ 687482835.

Contacta co Departamento do Turismo da Pobra do Caramiñal. Pódelo facer enviando un correo electrónico ó enderezo turismo@apobra.gal, ou chamando ós teléfonos 671 090 262/ 687 482 835.