QUERO PROBAR ESTA EXPERIENCIA: COMO TEÑO QUE FACER?
Contacta co Departamento do Turismo da Pobra do Caramiñal. Pódelo facer enviando un correo electrónico ó enderezo turismo@apobra.gal, ou chamando ós teléfonos 671090262/ 687482835.
RUTA GUIADA POLA CONTORNA DO RÍO DAS PEDRAS
Que che parecería faceres unha pequena ruta de sendeirismo nun contorno que parece sacado dun conto de fadas? Estamos a falar da ruta que vai dende o lugar da Aldea Vella ata as piscinas naturais do río das Pedras. Intérnate nas ruínas deste lugar que o tempo foi cubrindo dunha frondosa vexetación do máis puro verde que caracteriza Galicia e sigue pouco a pouco un camiño que non é doado, pero que sen dúbida te achegará a un dos lugares que han obter un lugar privilexiado no teu álbum de fotos particular.Este percorrido pódelo facer pola túa conta ou ben a través da actividade ofertada polo Concello da Pobra do Caramiñal, na compaña dun guía oficial.Dificultade media-alta. Idade recomendada: > 12 anosSaídas ás 10 horas. Duración 3 horas - 2 kmPrezo 13,50€/persoa (inclúe traslado en autobús)*Prezo públicoInscripcións:turismo@apobra.gal671 090 262 / 687 482 835